Saltar ao contido
Novas

Actualidade

Novas da agrupación e do grupo municipal socialista de Santiago.

Actualidade

O PSdeG carga contra a improvisación de Sanmartín mentres se acumulan máis de 15 millóns en facturas sen pagar

Marta Abal critica que o Goberno municipal aprobase a modificación da Relación de Postos de Traballo cun informe desfavorable da Intervención e sen explicar como pensa resolver o colapso na tramitación das facturas. A concelleira socialista advirte de que o executivo “vai dando bandazos” e acusa a Goretti Sanmartín de actuar “sen planificación” nun momento […]

Actualidade

O PSdeG denuncia que Sanmartín mantén sen resolver desde hai anos a falta de accesibilidade no CSC da Trisca

Gumersindo Guinarte reclama a reparación inmediata dun ascensor que continúa avariado malia os anuncios do Goberno local e advirte de que a situación impide o acceso en igualdade de condicións a un equipamento municipal de referencia. O voceiro socialista critica que, cinco meses despois de que o Goberno anunciase unha nova proposta de reparación, o […]

Actualidade

O PSdeG acusa á Xunta de discriminar a alumnado da Barcia ao non cubrir dúas baixas de enfermaría

Aitor Bouza denuncia un caso de “discriminación” provocado pola “neglixente actuación” da Consellería de Educación e reclama explicacións e responsabilidades políticas inmediatas. O secretario xeral do PSdeG de Santiago e deputado no Parlamento de Galicia, Aitor Bouza, esixiu explicacións e responsabilidades políticas á Consellería de Educación tras coñecerse que 12 alumnos e alumnas do colexio […]

Socialistas de Compostela Actualidade

O PSdeG denuncia a “parálise” de Sanmartín no futuro dos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Marta Abal acusa ao Goberno local de incumprir os compromisos adquiridos coa oposición e de seguir sen definir un modelo de xestión para dúas infraestruturas estratéxicas para a mobilidade e o comercio da cidade. A concelleira socialista denuncia que a parálise do Goberno de Sanmartín está a facer que Santiago perda oportunidades para mellorar a […]

Actualidade

O PSdeG denuncia que Sanmartín leva máis de ano e medio bloqueando unha proposta para modernizar o deporte base en Santiago

Gumersindo Guinarte critica a falta de resposta do Goberno local a unha iniciativa que permitiría gravar e retransmitir partidos nas instalacións deportivas municipais sen custo para os clubs. Os socialistas advirten de que a inacción municipal pode facer que Santiago perda unha oportunidade para mellorar a visibilidade das entidades deportivas e reforzar a súa sustentabilidade. […]

Actualidade

O PSdeG leva ao Parlamento a falta de investimentos da Xunta no rural compostelán e acusa a Rueda de “desprezar” Santiago

Aitor Bouza denuncia que o Goberno de Rueda concentra a maior parte dos convenios de Augas de Galicia en concellos gobernados polo PP mentres seguen pendentes actuacións básicas de saneamento e abastecemento nas parroquias compostelás. Os socialistas levarán o asunto ao Parlamento de Galicia e presentarán iniciativas para reclamar financiamento autonómico para actuacións pendentes no […]