Saltar ao contido
Novas

Actualidade

Novas da agrupación e do grupo municipal socialista de Santiago.

Actualidade

O PSdeG denuncia que o modelo de conciliación do Goberno de Sanmartín “vai na dirección contraria” e deixa fóra a familias en Santiago

A concelleira socialista Marta Abal critica a desaparición da rede de proximidade nos centros socioculturais e cuestiona a xestión do programa de conciliación pola súa rixidez, burocracia excesiva e exclusión dixital. Os socialistas reclaman ao Goberno municipal que rectifique o modelo, recupere a descentralización e garanta un acceso real e equitativo á conciliación para todas […]

Actualidade

O PSdeG critica que o Goberno de Sanmartín traslade aos clubs deportivos o custo da súa mala xestión

Marta Abal denuncia que o Club Natación Santiago está a ser directamente prexudicado pola falta de planificación do Goberno de Sanmartín, cun traslado forzoso a instalacións doutros concellos, custos superiores aos 8.000€ e menos horas de adestramento. Os socialistas cargan contra a xestión do Goberno de Sanmartín, que cualifican de improvisada e sen planificación, por […]

Actualidade

O PSdeG alerta dun retroceso “moi preocupante” do turismo e acusa ao Goberno de Sanmartín de non ter nin planificación nin resposta

Os socialistas advirten dunha caída xeneralizada en todos os indicadores turísticos no primeiro trimestre de 2026, con descensos de ata o 24% nas pernoctacións e un impacto directo no emprego e na actividade económica da cidade. Guinarte reclama reacción inmediata, máis diálogo co sector e medidas concretas para reverter unha tendencia “altamente preocupante”, ao tempo […]

Actualidade

O PSdeG advirte de que declarar Santiago zona tensionada sen medidas inmediatas é “insuficiente” para garantir vivenda accesible

O voceiro socialista, Gumersindo Guinarte, alerta de que a declaración chega sen actuacións inmediatas para frear a subida dos alugueiros e acusa ás administracións de falta de planificación e concreción. Os socialistas reclaman mobilizar a vivenda baleira como vía máis rápida para aumentar a oferta e garantir prezos accesibles nun contexto de emerxencia habitacional en […]

Actualidade

O PSdeG leva ao Pleno a posta en valor da Rocha Forte fronte á “falta de ambición” do Goberno de Sanmartín

O Grupo Municipal Socialista levará ao Pleno un rogo para mellorar o acceso e a visibilidade dun dos espazos patrimoniais máis relevantes de Santiago. Marta Abal advirte de que a ausencia de sinalización supón unha oportunidade perdida para conectar patrimonio, historia e turismo na cidade. A concelleira do Grupo Municipal Socialista Marta Abal anunciou que […]

Actualidade

O PSdeG acusa á Xunta de provocar un novo colapso sanitario en Santiago ao centralizar a atención dos sábados no PAC

Aitor Bouza acusa ao Goberno de Rueda de agravar a saturación asistencial coa supresión da atención sanitaria dos sábados nos centros de saúde. Os socialistas levarán ao Parlamento unha batería de iniciativas para reclamar máis persoal, mellor planificación e unha atención digna para a veciñanza de Santiago e a súa comarca. O secretario xeral do […]

Actualidade

O PSdeG esixe transparencia e planificación no destino dos fondos da taxa turística ante a inacción do Goberno de Sanmartín

A concelleira socialista Marta Abal advirte de que xa se recadaron centos de miles de euros sen que exista unha proposta clara nin os órganos necesarios para decidir o seu uso. O Grupo Municipal Socialista levará a cuestión ao pleno de abril para esixir explicacións e reclamar diálogo cos sectores implicados. A concelleira do Grupo […]