Saltar ao contido
Novas

Actualidade

Novas da agrupación e do grupo municipal socialista de Santiago.

Actualidade

O PSdeG reclama máis información e apoio ao comercio nas obras do barrio verde de Pontepedriña

Marta Abal advirte de que a falta de diálogo inicial xera incerteza entre a veciñanza e os negocios afectados. A concelleira socialista pide “escoita activa, coordinación e acompañamento” durante todo o proceso. O grupo socialista reclama tamén un plan de dinamización para reforzar o barrio tras as obras. O Grupo Municipal Socialista defendeu no último […]

Actualidade

O PSdeG esixe ao Goberno de Sanmartín que licite de inmediato as obras do Vero Boquete e reclama máis implicación da Xunta nas infraestruturas deportivas

Aitor Bouza denuncia que, cinco meses despois da sinatura do convenio coa Deputación, o proxecto segue sen licitar. O socialista reclama dilixencia ao Concello e pide á Xunta de Rueda que “arrime o ombreiro” e invista en Santiago como fai noutras cidades. O PSdeG levará ao Parlamento a falta de compromiso da Xunta coas infraestruturas […]

Actualidade

O PSdeG abstense nos orzamentos de 2026 ante un proxecto con menos investimento, previsións pouco realistas e falta de ambición do Goberno de Sanmartín

Gumersindo Guinarte subliña que “non son os nosos orzamentos” e confirma que o grupo socialista non pode apoiar o documento pola incorporación moi parcial das propostas socialistas tras o proceso de negociación co Goberno municipal. O voceiro socialista critica a forte redución do investimento, que se sitúa na metade do previsto en 2025, e unha […]

Actualidade

O PSdeG denuncia o incumprimento do Goberno de Sanmartín coa reapertura do pavillón de Santa Isabel e esixe solucións inmediatas

Marta Abal critica os anuncios “sen cumprir prazos” e advirte dos prexuízos para clubs e persoas usuarias. A concelleira socialista reclama explicacións e a reapertura inmediata dun equipamento deportivo clave para Santiago. A concelleira do Grupo Municipal Socialista Marta Abal denunciou o incumprimento do Goberno da señora Sanmartín coa reapertura do pavillón de Santa Isabel, […]

Actualidade

O PSdeG acusa á Xunta de Rueda de permitir un delito ambiental en Miramontes e leva a condena ao Parlamento

Aitor Bouza advirte de que a condena “non é un caso illado” e denuncia unha forma de actuar “neglixente” do Goberno galego en materia ambiental. O deputado socialista reclama actuacións inmediatas, reparación dos danos e responsabilidades políticas pola inacción da Xunta. O secretario xeral do PSdeG de Santiago e deputado autonómico, Aitor Bouza, anunciou que […]

Actualidade

O PSdeG acusa ao Goberno de Sanmartín de licitar o maior contrato de transporte sen diálogo coa veciñanza

Marta Abal denuncia que o Goberno de Sanmartín licita o maior contrato de transporte da historia “sen contar coa veciñanza” e deixa parroquias como Busto sen cobertura. A concelleira socialista critica unha forma de gobernar baseada en decidir primeiro e escoitar despois. Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2026. A concelleira do Grupo Municipal […]

Actualidade

O PSdeG acusa ao Goberno da señora Sanmartín de perder tres anos co contrato da auga e esixe decisións inmediatas

Marta Abal critica o enfoque “ideolóxico” do executivo local e denuncia máis de 80.000 euros gastados en estudos sen solucións reais. A concelleira socialista reclama unha concesión con control público para garantir investimentos, mellorar o servizo e responder ás necesidades do rural. A concelleira do Grupo Municipal Socialista Marta Abal criticou a xestión do Goberno […]

Actualidade

O PSdeG denuncia dous meses de inacción do goberno de Sanmartín tras o desprendemento na rúa Berlín

Marta Abal advirte de que as medidas adoptadas polo goberno da señora Sanmartín son “claramente insuficientes” e non garanten a seguridade. A concelleira socialista pregunta “que ten que pasar” para que o Concello actúe e evite novos desprendementos. A concelleira do Grupo Municipal Socialista Marta Abal denunciou a inacción do goberno da señora Sanmartín tras […]