Saltar ao contido
Actualidade

O PSdeG acusa á Xunta de Rueda de “castigar a calidade educativa” en Santiago

Aitor Bouza levará ao Parlamento a situación do IES do Sar tras escoitar á comunidade educativa e denuncia a falta de resposta da Xunta ante o aumento do alumnado.

Os socialistas reclaman tamén investimentos en infraestruturas para dar resposta ao crecemento da matrícula nun centro de referencia da cidade.

O secretario xeral do PSdeG de Santiago e deputado autonómico, Aitor Bouza, anunciou que o Grupo Socialista levará ao Parlamento de Galicia a situación do IES do Sar tras manter unha xuntanza coa súa comunidade educativa, na que puideron coñecer de primeira man as necesidades dun centro que cualificou como “de referencia” na cidade.

Bouza destacou que o instituto experimentou nos últimos anos un importante incremento de alumnado, “reflexado nos datos da matrícula dos últimos cursos escolares”, unha evolución que, segundo advertiu, non foi acompañada polos recursos necesarios. Neste sentido, denunciou que “o que non se veu correspondido foi o aumento da plantilla do profesorado”, o que está a provocar unha situación de desequilibrio.

O deputado socialista alertou de que esta falta de profesorado está a xerar unha “descompensación” no funcionamento do centro, xa que implica “menor profesorado para maior alumnado”, unha realidade que, ao seu xuízo, repercute directamente na calidade do ensino. Así, criticou o modelo da Xunta ao sinalar que “ese menos con menos que quere facer a Xunta de Galicia nunca sae ben”.

Neste contexto, Bouza advertiu de que “o que padece ao final eses recortes educativos son os alumnos e as alumnas, a calidade educativa”, e subliñou que esta situación é consecuencia dunha falta de planificación por parte do Goberno galego, en liña coas denuncias reiteradas polo PSdeG sobre a falta de recursos no sistema educativo .

O dirixente socialista asegurou que o seu grupo actuará tras escoitar as demandas da comunidade educativa e avanzou que esixirán “ao señor Rueda que non castigue ao alumnado e que non merme a calidade educativa”, reclamando a incorporación dos profesionais necesarios para garantir unha atención axeitada.

Así, anunciou que os socialistas presentarán iniciativas para que a Xunta se comprometa a dotar ao centro do profesorado necesario de cara ao vindeiro curso escolar, co obxectivo de que “se poidan realizar todas esas labores docentes da mellor forma posible”.

Ademais da cuestión do persoal, Bouza explicou que durante a xuntanza tamén se abordaron as necesidades en materia de infraestruturas, derivadas precisamente do incremento da matrícula, polo que o deputado socialista esixiu que a Xunta inclúa nos orzamentos unha partida específica para acometer as ampliacións necesarias no centro, lembrando que se trata dunha competencia autonómica e advertindo de que “aquí non lle poden botar un balón a outra administración pública”.

Para concluír, Bouza fixo un chamamento ao compromiso do Goberno de Rueda coa cidade e co sistema educativo público, e reiterou que esixirán “ao señor Rueda que se comprometa con Compostela, co alumnado de Compostela e tamén cun instituto de referencia como é hoxe o do Sar”.

Actualidade

Máis novas

Actualidade

O PSdeG reivindica nas rúas de Santiago o dereito á vivenda e os salarios dignos fronte ás políticas do PP e Vox

Aitor Bouza defendeu a mobilización da clase traballadora contra a especulación e carga contra o Partido Popular polos seus ataques aos sindicatos e por situarse do lado dos especuladores. O candidato socialista ao Senado, Gumersindo Guinarte, denunciou que PP e Vox bloquearon reiteradamente no Congreso medidas impulsadas polo Goberno de Pedro Sánchez para garantir o […]

Actualidade

O PSdeG denuncia que o Goberno de Sanmartín deixa ás asociacións veciñais apenas dous días para xustificar as subvencións

Gumersindo Guinarte critica que as axudas non se aprobasen ata este luns, día 9, cando o prazo de xustificación remata o mércores 11, coincidindo ademais coa folga xeral. Os socialistas denuncian tamén a redución de 8.000 euros no orzamento da convocatoria e cuestionan que a concesión das axudas se comunicase por correo electrónico en lugar […]

Actualidade

Pedro Blanco sitúa a mobilidade e os equipamentos públicos entre as prioridades para Santa Marta

Abordou coa veciñanza a situación da mobilidade na contorna do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), especialmente ante a súa ampliación, e reclama a Xunta e Concello coordinación e transparencia sobre o proxecto para prever solucións nos accesos e o estacionamento. O candidato socialista á Alcaldía agradeceu á asociación veciñal o traballo que desenvolve e […]