Saltar ao contido
Novas

Actualidade

Novas da agrupación e do grupo municipal socialista de Santiago.

Actualidade

O PSdeG denuncia o incumprimento do Pacto polo Rural e acusa ao Goberno de Sanmartín de abandonar as parroquias

A concelleira socialista Marta Abal advirte do “profundo descontento” existente entre a veciñanza do rural ante a falta de investimentos, planificación e diálogo por parte do executivo municipal. As e os socialistas lembran que xa advertiran durante a negociación orzamentaria da “nula vontade” do Goberno de Sanmartín para cumprir os compromisos adquiridos co rural compostelán. […]

Actualidade

O PSdeG denuncia o abandono do Casco Histórico e esixe a Sanmartín actuacións urxentes nos muros e elementos patrimoniais de Santiago

A concelleira socialista Marta Abal advirte da imaxe de “abandono impropia dunha cidade Patrimonio da Humanidade” que presentan distintos espazos do Casco Histórico pola falta de limpeza e conservación. O Grupo Municipal Socialista levará ao Pleno unha iniciativa para reclamar actuacións inmediatas e lembra que o Goberno local segue sen cumprir o plan anual de […]

Actualidade

O PSdeG denuncia a parálise urbanística do Goberno de Sanmartín tras caer a mínimos a construción de vivenda en Santiago

Marta Abal advirte de que os datos publicados polo Colexio Oficial da Arquitectura Técnica da Coruña son “moi preocupantes” e evidencian “un problema estrutural de oferta de vivenda en Santiago” ante a falta de desenvolvemento residencial na cidade. Os socialistas cargan contra a falta de planificación do Goberno municipal, que mantén bloqueado solo previsto no […]

Actualidade

O PSdeG denuncia que o Goberno de Goretti Sanmartín “perverte” a taxa turística para financiar gastos que xa existían

Guinarte acusa ao executivo local de incumprir a súa propia ordenanza ao decidir o destino dos fondos sen o informe do Foro de Turismo Sustentable, e cuestiona o suposto consenso do executivo co sector turístico denunciando que as asociacións “non coñecían” o destino dos fondos recadados. O voceiro socialista critica que os ingresos da taxa […]

Actualidade

O PSdeG denuncia a “situación inaceptable” da Rede de Centros Socioculturais e esixe o pago inmediato das nóminas pendentes

Marta Abal advirte de que máis de 50 traballadoras e traballadores continúan sen cobrar salarios de 2025 e 2026 e acusa ao Goberno de Sanmartín de “normalizar a precariedade” nun servizo esencial para a cidade. A concelleira socialista reclama solucións urxentes, transparencia co persoal afectado e unha aposta decidida por recuperar os Centros Socioculturais como […]