Saltar ao contido
Actualidade

O PSdeG esixe á Xunta e ao Concello que deixen de bloquear solucións para o deporte compostelán

Aitor Bouza reclama ao Goberno galego que deixe de “mirar só para os concellos onde goberna o PP” e facilite o uso das infraestruturas deportivas educativas por parte das entidades da cidade.

O deputado socialista reclama un convenio urxente para que os clubs de Santiago poidan utilizar as pistas e instalacións deportivas dos IES, unha medida que considera perfectamente viable e que aliviaría a falta de espazos deportivos na cidade.

O deputado socialista anuncia iniciativas no Parlamento de Galicia tras reunirse co Club de Atletismo Obradoiro e denuncia a falta de resposta ás necesidades reais do deporte compostelán.

O secretario xeral do PSdeG de Santiago e deputado no Parlamento de Galicia, Aitor Bouza, reclamou á Xunta de Galicia a sinatura urxente dun convenio co Concello de Santiago que permita ás entidades deportivas da cidade utilizar as pistas e instalacións deportivas dos institutos de educación secundaria.

Bouza explicou que as e os socialistas “mantivemos unha xuntanza co Club de Atletismo Obradoiro” na que abordaron “a situación que ten o deporte na nosa cidade”, dentro da rolda de encontros que o PSdeG está a desenvolver con entidades deportivas compostelás. O dirixente socialista advertiu de que as queixas que están trasladando os clubs “repítense reunión tras reunión” e teñen que ver coa falta de resposta institucional, coa ausencia de planificación e coas dificultades que atopan para desenvolver a súa actividade diaria en condicións axeitadas.

Neste contexto, Bouza reclamou ao goberno municipal que “escoite as entidades deportivas, que lles dea resposta e que atenda as súas solicitudes en prazo e forma”, pero puxo tamén o foco na responsabilidade da Xunta de Galicia, á que acusou de permanecer ausente ante unha demanda “perfectamente viable” e que non require grandes investimentos.

Ao mesmo tempo, Bouza indicou que desde o grupo socialista “imos esixirlle ao señor presidente da Xunta que se implique tamén co deporte”, advertindo de que Compostela non pode quedar fóra das prioridades da administración autonómica.

O dirixente socialista incidiu en que a proposta trata aproveitar instalacións que xa existen e que poden dar resposta ás necesidades actuais dos clubs da cidade. “Xa non falamos nin de financiamento”, explicou Bouza, senón “dun simple convenio” e dunha “posta a disposición desas infraestruturas”. Segundo indicou, permitir o uso das instalacións deportivas dos institutos facilitaría “moitísimo o traballo diario” das entidades e deportistas compostelás.

Bouza finalizou criticando a falta de colaboración entre administracións e advertiu de que o goberno da señora Goretti Sanmartín, “en vez de estar confrontando permanentemente coa Xunta de Galicia”, o que ten que facer é “poñerse a traballar” para conseguir que o convenio sexa unha realidade “canto antes”.

Actualidade

Máis novas

Actualidade

O PSdeG reivindica nas rúas de Santiago o dereito á vivenda e os salarios dignos fronte ás políticas do PP e Vox

Aitor Bouza defendeu a mobilización da clase traballadora contra a especulación e carga contra o Partido Popular polos seus ataques aos sindicatos e por situarse do lado dos especuladores. O candidato socialista ao Senado, Gumersindo Guinarte, denunciou que PP e Vox bloquearon reiteradamente no Congreso medidas impulsadas polo Goberno de Pedro Sánchez para garantir o […]

Actualidade

O PSdeG denuncia que o Goberno de Sanmartín deixa ás asociacións veciñais apenas dous días para xustificar as subvencións

Gumersindo Guinarte critica que as axudas non se aprobasen ata este luns, día 9, cando o prazo de xustificación remata o mércores 11, coincidindo ademais coa folga xeral. Os socialistas denuncian tamén a redución de 8.000 euros no orzamento da convocatoria e cuestionan que a concesión das axudas se comunicase por correo electrónico en lugar […]

Actualidade

Pedro Blanco sitúa a mobilidade e os equipamentos públicos entre as prioridades para Santa Marta

Abordou coa veciñanza a situación da mobilidade na contorna do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), especialmente ante a súa ampliación, e reclama a Xunta e Concello coordinación e transparencia sobre o proxecto para prever solucións nos accesos e o estacionamento. O candidato socialista á Alcaldía agradeceu á asociación veciñal o traballo que desenvolve e […]