Saltar ao contido
Novas

Actualidade

Novas da agrupación e do grupo municipal socialista de Santiago.

Actualidade

O PSdeG denuncia que o Goberno de Sanmartín continúa sen definir o destino da taxa turística un ano despois da súa aprobación

Marta Abal advirte de que o informe do Consello de Contas confirma as principais críticas formuladas polo Grupo Municipal Socialista desde a aprobación da ordenanza e evidencia a falta de planificación, transparencia e participación na xestión dos fondos. Os socialistas reclaman a constitución inmediata do Foro de Turismo Sustentable, unha planificación detallada dos investimentos e […]

Actualidade

O PSdeG denuncia que a Xunta recomenda aos pacientes de Conxo levar o seu propio ventilador ante a falta de climatización

Aitor Bouza critica que a área sanitaria Santiago-Barbanza volva ser noticia polas condicións “absolutamente inhumanas” que están a sufrir pacientes e familiares no Hospital de Conxo. Os socialistas levarán esta situación ao Parlamento de Galicia para esixir que a climatización sexa “unha realidade e non soamente unha promesa” e que non haxa “pacientes de primeira […]

Actualidade

O PSdeG reclama ao Goberno de Sanmartín que execute a recuperación das pistas municipais de tenis de Rodríguez de Viguri

A concelleira socialista Marta Abal lembra que o último Pleno aprobou a iniciativa do grupo socialista e advirte de que o Goberno de Goretti Sanmartín xa non ten escusas para actuar. As e os socialistas denuncian que Santiago segue sen instalacións públicas suficientes para a práctica do tenis e reclaman retomar e actualizar o proxecto […]

Actualidade

O PSdeG denuncia o abandono de Guadalupe e esixe desbloquear as obras de García Lorca

O voceiro socialista, Gumersindo Guinarte, reclama que o Concello informe con transparencia sobre o estado das obras e as responsabilidades da empresa adxudicataria. Os socialistas advirten de que Guadalupe acumula problemas de mobilidade, accesibilidade, seguridade viaria e abastecemento de auga sen que o Goberno municipal dea resposta. O voceiro do Grupo Municipal Socialista, Gumersindo Guinarte, […]