Saltar ao contido
Novas

Actualidade

Novas da agrupación e do grupo municipal socialista de Santiago.

Actualidade

O PSdeG esixe a Sanmartín que concrete xa os cambios nas liñas de bus do rural ante o desbloqueo do novo contrato

Marta Abal reclama ao Goberno local que aclare que modificacións de percorridos, frecuencias e conexións está disposto a asumir e cales poderán estar operativas desde o inicio do novo servizo. As e os socialistas advirten de que o novo mapa de liñas non pode deixar núcleos desconectados nin crear desigualdades entre a veciñanza das parroquias, […]

Actualidade

O PSdeG esixe a Sanmartín resolver xa as bolsas escolares e acabar coa incerteza das familias a unha semana do inicio do curso

Marta Abal alerta de que as familias seguen sen información sobre as bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares cando falta apenas unha semana para o inicio das clases. As e os socialistas denuncian un atraso respecto dos últimos anos e reclaman ao Goberno local que axilice de inmediato a resolución das axudas e […]

Actualidade

O PSdeG acusa a Sanmartín de seguir atrasando a municipalización dos aparcamentos da Praza de Galicia e Praza de Vigo tras incumprir o prazo de xullo

Gumersindo Guinarte advirte de que o Goberno local incumpriu o seu propio anuncio de levar a municipalización ao Pleno de xullo e reclama que aclare e comprometa dunha vez unha data definitiva. Os socialistas lembran que a concesión da Praza de Galicia expirou hai máis dun ano e alertan de que en breve vencerá tamén […]

Actualidade

Pedro Blanco anuncia que o Grupo Socialista pedirá a comparecencia de Sanmartín ante as contradicións do seu Goberno con Fly2Galicia

O candidato socialista considera insuficientes as explicacións ofrecidas ata o momento e reclama que a alcaldesa aclare que sabía o Concello sobre o proxecto, que garantías se comprobaron e en que consistiu o apoio prestado durante os últimos meses. Blanco advirte de que as novas informacións coñecidas aumentan as dúbidas sobre unha iniciativa que contou […]

Actualidade

O PSdeG esixe a Sanmartín que desbloquee xa as axudas veciñais ante un atraso “inaudito e sen precedentes”

A concelleira socialista Marta Abal denuncia que, ás portas do outono, as asociacións veciñais continúan sen saber con que fondos municipais contarán en 2026 e reclama ao Goberno local que convoque de inmediato as axudas. O Grupo Municipal Socialista pide ademais que as subvencións de 2027 se publiquen, como moi tarde, en xaneiro para garantir […]

Actualidade

O PSdeG denuncia que a caída da escultura de Rodrigo de Padrón evidencia o abandono do patrimonio escultórico de Santiago

Marta Abal lembra que o Pleno aprobou en marzo, a proposta socialista, a restauración das esculturas deste ámbito, pero o Goberno de Sanmartín non executou o acordo. A concelleira reclama a recuperación inmediata da peza e unha revisión do estado de conservación do conxunto do patrimonio escultórico da cidade. A concelleira do Grupo Municipal Socialista, […]

Socialistas de Compostela Actualidade

O PSdeG esixe ao Goberno de Sanmartín incorporar a asociación de voluntariado do Refuxio de Bando ao Padroado

Marta Abal denuncia que o Goberno municipal continúa sen cumprir un acordo aprobado polo Pleno hai máis dun ano e reclama iniciar de inmediato os trámites para incorporar a Asociación Voluntariado Activo de Bando (VOLABAN) ao Padroado da Fundación Refuxio de Animais de Bando. O Grupo Municipal Socialista lembra que xa existe unha vacante no […]