Saltar ao contido
Actualidade

O PSdeG acusa a Sanmartín de deixar caducar o contrato da Escola Municipal de Música

A concelleira socialista Marta Abal advirte da falta de planificación do executivo municipal e reclama a licitación inmediata para garantir a estabilidade do servizo.

O Grupo Municipal Socialista alerta de que a Escola Municipal de Música non pode seguir funcionando en precario nin depender de solucións provisionais para un servizo esencial da cidade.

A concelleira do Grupo Municipal Socialista Marta Abal denunciou que o Goberno de Goretti Sanmartín deixa caducar o contrato da Escola Municipal de Música sen ter preparada a nova licitación, unha situación que, ao seu xuízo, evidencia «a falta de planificación e previsión» do executivo municipal na xestión dos contratos máis importantes do Concello.

Abal advertiu de que o contrato do servizo remata mañá, 7 de xullo, sen posibilidade de novas prórrogas e sen que, a día de hoxe, exista información sobre a nova licitación. «Estamos falando dun servizo público esencial para moitas familias, para o alumnado e para a vida cultural e educativa da cidade», sinalou, antes de engadir que «a Escola Municipal de Música merece estabilidade, rigor e garantías».

A concelleira socialista lembrou que o Goberno municipal coñecía perfectamente a data de vencemento do contrato e, malia iso, non foi quen de preparar con tempo a súa renovación. «O Goberno de Goretti Sanmartín deixa en precario o contrato da Escola Municipal de Música, malia coñecer perfectamente a súa data de vencemento», afirmou, lembrando que o executivo xa tivo que aprobar o pasado 15 de xuño unha orde de continuidade para evitar a interrupción do servizo.

Neste sentido, Abal subliñou que «a primeira condición para garantir un servizo público de calidade é que a súa situación contractual estea regularizada». Ao seu xuízo, «non se pode manter un servizo destas características en precario nin deixar caducar contratos municipais fundamentais», porque esa falta de planificación xera incerteza tanto para as persoas usuarias como para o persoal que presta o servizo.

Por iso, o Grupo Municipal Socialista reclama a licitación inmediata do contrato da Escola Municipal de Música para garantir a continuidade do servizo en condicións de estabilidade e seguridade xurídica. «A estabilidade nas condicións de traballo repercute, sen dúbida, na calidade do servizo que reciben o alumnado e as familias», destacou a edil socialista.

Para concluír, Marta Abal asegurou que «os servizos públicos deféndense con feitos, con planificación e con boa xestión», e criticou que «o que non pode facer o Goberno municipal é deixar caducar contratos fundamentais e poñer os servizos públicos en precario».

Actualidade

Máis novas

Actualidade

O PSdeG reivindica nas rúas de Santiago o dereito á vivenda e os salarios dignos fronte ás políticas do PP e Vox

Aitor Bouza defendeu a mobilización da clase traballadora contra a especulación e carga contra o Partido Popular polos seus ataques aos sindicatos e por situarse do lado dos especuladores. O candidato socialista ao Senado, Gumersindo Guinarte, denunciou que PP e Vox bloquearon reiteradamente no Congreso medidas impulsadas polo Goberno de Pedro Sánchez para garantir o […]

Actualidade

O PSdeG denuncia que o Goberno de Sanmartín deixa ás asociacións veciñais apenas dous días para xustificar as subvencións

Gumersindo Guinarte critica que as axudas non se aprobasen ata este luns, día 9, cando o prazo de xustificación remata o mércores 11, coincidindo ademais coa folga xeral. Os socialistas denuncian tamén a redución de 8.000 euros no orzamento da convocatoria e cuestionan que a concesión das axudas se comunicase por correo electrónico en lugar […]

Actualidade

Pedro Blanco sitúa a mobilidade e os equipamentos públicos entre as prioridades para Santa Marta

Abordou coa veciñanza a situación da mobilidade na contorna do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), especialmente ante a súa ampliación, e reclama a Xunta e Concello coordinación e transparencia sobre o proxecto para prever solucións nos accesos e o estacionamento. O candidato socialista á Alcaldía agradeceu á asociación veciñal o traballo que desenvolve e […]