O PSdeG advirte de que declarar Santiago zona tensionada sen medidas inmediatas é “insuficiente” para garantir vivenda accesible
O voceiro socialista, Gumersindo Guinarte, alerta de que a declaración chega sen actuacións inmediatas para frear a subida dos alugueiros e acusa ás administracións de falta de planificación e concreción. Os socialistas reclaman mobilizar a vivenda baleira como vía máis rápida para aumentar a oferta e garantir prezos accesibles nun contexto de emerxencia habitacional en […]