Brais A. Rodríguez Botana é neurocirurxián no Servizo Galego de Saúde (Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela), onde desenvolve actividade asistencial integral en Neurocirurxía, con experiencia consolidada durante toda a súa formación MIR no mesmo centro (2019–2024) e a súa posterior actividade como Facultativo Especialista de Área desde 2024.
Complementa o seu perfil clínico con formación avanzada en Neurocirurxía e en xestión sanitaria (MBA en Dirección de Hospitales y Servicios de Salud), e mantén unha actividade docente universitaria continuada na materia de Práctica Clínica do Grao en Medicina (USC, 2019–2025). A súa traxectoria científica inclúe publicacións en patoloxía neurocirúrxica e participación en ensaios clínicos multicéntricos, con orientación á investigación aplicada e translacional.
Forma parte da Executiva Provincial do PSdG como Secretario de Sanidade da provincia da Coruña e da Executiva Local da agrupación municipal De Santiago como Secretario de Sanidade e Política Social.