-

O PSdeG alerta do retroceso dos datos turísticos en Santiago e pide reacción inmediata do goberno de Sanmartín
Gumersindo Guinarte advirte de que os datos de inicio de 2026 son “moi preocupantes” e reclama medidas para reforzar o atractivo da cidade como destino. O voceiro socialista insta a mellorar mantemento, limpeza e mobilidade e a recuperar o pulo cultural para evitar que Compostela sexa só un lugar de paso. O voceiro do Grupo
-

O PSdeG denuncia dous anos de “promesas incumpridas” da Xunta con Santiago
Bernardo Fernández acusa á Xunta de deixar Santiago sen resposta en vivenda e educación e asegura que os orzamentos autonómicos “non dan resposta ás necesidades da cidade”. Patricia Iglesias alerta da falta de aposta industrial da Xunta pola capital galega e advirte de que Santiago non pode vivir só do turismo nin quedar sen solo
-

Santiago, ás rúas este 8M
Como todos os 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o feminismo galego volverá saír á rúa para facer o que sempre fixo: loitar, reivindicar e avanzar. Nun momento no que persisten desigualdades estruturais e no que determinados discursos pretenden cuestionar conquistas irrenunciables, cómpre reafirmar con claridade que non hai espazo para retrocesos: nin un
-

O PSdeG alerta de que Santiago está a quedar atrás na construción de vivenda pola parálise urbanística do Goberno de Sanmartín
Marta Abal advirte de que en 2025 só se construíron 65 vivendas novas, un 69% menos que o ano anterior. A concelleira socialista sinala as demoras nas licenzas e a falta de solo finalista como causas dun parón que deixa a cidade “paralizada”. Os socialistas reclaman un plan de choque para axilizar procedementos e critican
-

O PSdeG acusa a PP e BNG de bloquear a única solución mentres a rede de auga cae a pedazos
Marta Abal advirte de que “a situación da rede de saneamento e de abastecemento é crítica e insostible” e que Santiago “non pode seguir a vivir á base de parches”. A concelleira socialista acusa ao PP de practicar “unha política irresponsable e cínica” e denuncia que está “a xogar co sufrimento da xente e coa
-

O PSdeG acusa ao Goberno de Sanmartín de improvisar cos comedores escolares tras anunciar informes que estaban “practicamente listos”
Guinarte lembra que a comisión foi convocada de urxencia o 29 de decembro e que, dous meses despois, segue sen aparecer ningún informe nin proposta alternativa sobre o novo modelo. Os socialistas acusan ao executivo de Sanmartín de improvisación e propaganda mentres as familias seguen sen certezas sobre o futuro do servizo. O voceiro do
-

O PSdeG esixe á Xunta a reparación inmediata dos centros educativos de Santiago e acusa ao PP de mirar para outro lado
Aitor Bouza denuncia que o Partido Popular “mira para outro lado” mentres a comunidade educativa leva meses reclamando actuacións urxentes. Os socialistas levarán ao Parlamento galego a esixencia de incorporar nos orzamentos de 2026 partidas específicas para actuar no CEIP Santiago Apóstolo e no CEIP de Fontiñas. O PSdeG apoia a mobilización deste sábado da
-

O PSdeG acusa ao PP de antepoñer intereses partidistas á solución do Ciclo Integral da Auga en Santiago
Guinarte denuncia que o portavoz popular, o señor Verea, prefire atrasar a licitación para poder controlala se chega á Alcaldía en 2027, en lugar de garantir agora unha solución para a cidade. Os socialistas cualifican esta postura de “falta absoluta de responsabilidade” e advirten de que a xestión da auga é un servizo esencial que
-

O PSdeG denuncia que o Goberno de Sanmartín deixa sen resolver o 60% das queixas cidadás
Guinarte denuncia que o Goberno da señora Sanmartín só respondeu a 4 de cada 10 queixas, a peor cifra da serie histórica, malia contar co maior número de cargos directivos e persoal de apoio da súa historia recente. Os socialistas subliñan a contradición entre o discurso de Goretti Sanmartín na oposición, cando denunciaba falta de
-

O PSdeG acusa á Xunta de recortar a atención pediátrica diaria no centro de saúde de Conxo
Bouza denuncia que a Xunta de Rueda non está a garantir a atención pediátrica diaria no centro de saúde de Conxo e acusa ao Goberno galego de aplicar un novo recorte asistencial que afecta directamente ás familias con menores. O deputado autonómico e secretario xeral dos socialistas composteláns, Aitor Bouza, reclamará no Parlamento que se
