Saltar ao contido
Novas

Actualidade

Novas da agrupación e do grupo municipal socialista de Santiago.

Actualidade

O PSdeG denuncia que o Goberno de Sanmartín deixa ás asociacións veciñais apenas dous días para xustificar as subvencións

Gumersindo Guinarte critica que as axudas non se aprobasen ata este luns, día 9, cando o prazo de xustificación remata o mércores 11, coincidindo ademais coa folga xeral. Os socialistas denuncian tamén a redución de 8.000 euros no orzamento da convocatoria e cuestionan que a concesión das axudas se comunicase por correo electrónico en lugar […]

Actualidade

Pedro Blanco sitúa a mobilidade e os equipamentos públicos entre as prioridades para Santa Marta

Abordou coa veciñanza a situación da mobilidade na contorna do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), especialmente ante a súa ampliación, e reclama a Xunta e Concello coordinación e transparencia sobre o proxecto para prever solucións nos accesos e o estacionamento. O candidato socialista á Alcaldía agradeceu á asociación veciñal o traballo que desenvolve e […]

Actualidade

O PSdeG alerta de que a mala xestión do Goberno de Sanmartín pon en risco 8,7 millóns de euros de fondos europeos para Santiago

Marta Abal advirte de que o Concello podería perder parte da axuda concedida se non cumpre os requisitos de execución establecidos para marzo de 2027, cando deberá ter xustificados polo menos 1,74 millóns de euros de axuda europea. A concelleira socialista denuncia que García Lorca é a única actuación en execución do Plan Horizonte Compostela, […]

Actualidade

O Partido Socialista reivindica as políticas sociais do Goberno de Pedro Sánchez e advirte de que “non todos somos iguais” ante as eleccións xerais

O candidato socialista ao Senado, Gumersindo Guinarte, destaca a revalorización das pensións e o incremento do salario mínimo como exemplos das diferenzas entre as políticas do PSOE e as propostas do PP e Vox de cara ao 29 de novembro. Guinarte e o candidato socialista á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, visitaron o Banco de […]

Actualidade

O PSdeG denuncia que a Xunta de Rueda deixa dous alumnos do CEE da Barcia sen poder ir ás clases por falta de transporte adaptado

Aitor Bouza cualifica de “absolutamente dramática” a situación e anuncia que levará o caso de maneira inmediata ao Parlamento de Galicia para esixir solucións á Xunta de Rueda. As e os socialistas reclaman tamén a reorganización das rutas e dos horarios do transporte escolar, que están provocando atrasos e a perda de sesións educativas e […]

Actualidade

Pedro Blanco e a Sociedade A Venatoria coinciden na necesidade de recuperar Chaián e poñer en valor o río Tambre

O candidato socialista á Alcaldía e o presidente da entidade comparten a importancia de limpar o río, mellorar os accesos e acondicionar a contorna para potenciar este espazo natural como punto de encontro para a veciñanza compostelá. “Chaián ten que ser un dos lugares de referencia para o lecer en Santiago. Temos unha contorna natural […]

Actualidade

O PSdeG reclama a Sanmartín que rectifique a nova rede de transporte urbano para evitar que Mallou perda o servizo de autobús

Marta Abal advirte de que a desaparición da actual liña 4 deixaría sen paradas a rúa Mallou e a rúa do Ceo, prexudicando especialmente ás persoas maiores e con dificultades de mobilidade. As e os socialistas preguntarán no Pleno se o Goberno municipal revisará os percorridos e atenderá a alternativa proposta polas asociacións veciñais para […]

Actualidade

Pedro Blanco reivindica en Dano Cerebral Santiago o papel das entidades sociais e avanza no Plan Especial do Terceiro Sector

“Traballaremos por unha Compostela con accesibilidade universal, unha cidade que non deixe a ninguén fóra e poña as persoas no centro das súas decisións”. O candidato socialista comprométese a que as demandas e propostas do tecido social teñan un reflexo real no futuro Plan, con medidas concretas, recursos e unha colaboración constante co Concello. “Entidades […]

Actualidade

O PSdeG denuncia que Sanmartín volve prorrogar a xestión do aparcadoiro da Praza de Vigo por non ter resolta a súa municipalización

A concelleira socialista Marta Abal critica que o goberno de Goretti Sanmartín aprobase unha nova orde de continuidade cando a municipalización dos aparcadoiros de Praza de Vigo e Praza de Galicia podería estar xa resolta se o executivo fixese os deberes a tempo. As e os socialistas lembran que a comisión de estudo deu o […]