Saltar ao contido
Actualidade

Pedro Blanco e a Sociedade A Venatoria coinciden na necesidade de recuperar Chaián e poñer en valor o río Tambre

O candidato socialista á Alcaldía e o presidente da entidade comparten a importancia de limpar o río, mellorar os accesos e acondicionar a contorna para potenciar este espazo natural como punto de encontro para a veciñanza compostelá.

“Chaián ten que ser un dos lugares de referencia para o lecer en Santiago. Temos unha contorna natural extraordinaria, única, e imos traballar da man das asociacións para sacala do abandono”.

Pedro Blanco pon en valor o traballo da sociedade de caza e pesca “La Venatoria” na dinamización da contorna de Chaián e na conservación de tradicións vinculadas ao río Tambre, como a Festa do Escalo.

O candidato socialista á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, visitou a área recreativa de Chaián xunto ao presidente da Sociedade de Caza e Pesca A Venatoria de Santiago, Juan Carlos Rodríguez, nun encontro no que ambos coincidiron no potencial deste espazo natural á beira do río Tambre e na necesidade de poñelo en valor para que os veciños e veciñas de Santiago poidan desfrutalo en mellores condicións.

Durante a visita, na que tamén participaron o secretario xeral do PSdeG en Santiago e deputado autonómico, Aitor Bouza, e a concelleira socialista, Marta Abal, puxeron o foco na importancia de mellorar os accesos, acondicionar a contorna e favorecer que Chaián sexa un espazo de referencia para o lecer ao aire libre durante todo o ano. “Santiago non pode seguir vivindo de costas ao río Tambre. Chaián é un espazo cun potencial enorme e, como compartimos coa Asociación Venatoria, temos que coidalo, recuperalo e poñelo en valor para que a xente poida desfrutalo como merece durante todo o ano”, sinalou Pedro Blanco.

O candidato socialista destacou a importancia de escoitar ás entidades que coñecen de primeira man estes espazos e que contribúen a mantelos vivos, co obxectivo de identificar necesidades e avanzar en melloras útiles para a cidadanía. “Chaián ten que ser un dos lugares de referencia para o lecer en Santiago. Temos unha contorna natural extraordinaria, única, e imos traballar da man das asociacións para sacala do abandono”, incidiu.

Neste sentido, comprobaron a situación actual da zona, cun río que precisa actuacións de limpeza, accesos insuficientes e a necesidade de mellorar as condicións xerais da área recreativa. Tamén abordaron a posibilidade de habilitar unha senda que permita percorrer e gozar mellor deste espazo natural compostelán. “Chaián necesita atención, coidados e un compromiso serio do goberno municipal para aproveitar todo o que pode ofrecer. Temos que actuar para que volva ser ese punto de encontro para milleiros de santiagueses”, reclamou.

Así mesmo, o candidato socialista salientou o intenso traballo da Sociedade A Venatoria na dinamización da contorna de Chaián e na conservación de tradicións vinculadas ao río, como a Festa do Escalo, que preservan a relación de Santiago co Tambre. “Colectivos que fan comunidade, fan cidade”, engadiu.

Esta visita forma parte das #ConversasDeBarrio, coas que os socialistas están analizando directamente co tecido social de Santiago as necesidades e demandas dos barrios e parroquias da capital para incluílas no seu proxecto de cidade.

Actualidade

Máis novas

Actualidade

O PSdeG reivindica nas rúas de Santiago o dereito á vivenda e os salarios dignos fronte ás políticas do PP e Vox

Aitor Bouza defendeu a mobilización da clase traballadora contra a especulación e carga contra o Partido Popular polos seus ataques aos sindicatos e por situarse do lado dos especuladores. O candidato socialista ao Senado, Gumersindo Guinarte, denunciou que PP e Vox bloquearon reiteradamente no Congreso medidas impulsadas polo Goberno de Pedro Sánchez para garantir o […]

Actualidade

O PSdeG denuncia que o Goberno de Sanmartín deixa ás asociacións veciñais apenas dous días para xustificar as subvencións

Gumersindo Guinarte critica que as axudas non se aprobasen ata este luns, día 9, cando o prazo de xustificación remata o mércores 11, coincidindo ademais coa folga xeral. Os socialistas denuncian tamén a redución de 8.000 euros no orzamento da convocatoria e cuestionan que a concesión das axudas se comunicase por correo electrónico en lugar […]

Actualidade

Pedro Blanco sitúa a mobilidade e os equipamentos públicos entre as prioridades para Santa Marta

Abordou coa veciñanza a situación da mobilidade na contorna do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), especialmente ante a súa ampliación, e reclama a Xunta e Concello coordinación e transparencia sobre o proxecto para prever solucións nos accesos e o estacionamento. O candidato socialista á Alcaldía agradeceu á asociación veciñal o traballo que desenvolve e […]