Saltar ao contido

Socialistas de Compostela

Traballando por Santiago

Descubre máis
Eleccións Xerais 2026

As candidaturas de Compostela

Domingo, 29 de novembro

–días
–horas
–minutos
–segundos

O 29 de novembro decidimos se seguimos avanzando en dereitos ou damos un paso atrás. Coñece as nosas candidaturas ao Congreso e ao Senado pola provincia da Coruña.

Gumersindo Guinarte Cabada Senado · nº 1 Gumersindo Guinarte Cabada Candidato 1 ao Senado pola Coruña
Gumersindo Guinarte Cabada

Candidatura ao Senado · nº 1

Gumersindo Guinarte Cabada

Candidato 1 ao Senado pola Coruña

Gumersindo (Sindo) Guinarte Cabada é doutor en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, con premio extraordinario de doutoramento pola súa tese sobre a tutela penal dos dereitos de propiedade industrial (1988), e profesor titular de Dereito Penal na USC. Foi secretario xeral da USC e decano da Facultade de Dereito, e forma parte do grupo de investigación en Dereito penal e Criminoloxía (IUSCRIM).

Foi vicevaledor do Pobo e secretario xeral da Presidencia da Xunta de Galicia entre 2005 e 2009.

É concelleiro en Santiago de Compostela desde 2019; de 2019 a 2023 foi tenente de alcalde e concelleiro de Turismo e, desde xaneiro de 2025, é portavoz do Grupo Municipal Socialista no Concello. O 29N encabeza como número 1 a candidatura do Senado de Progreso pola provincia da Coruña.

Guadalupe Rodríguez Silva Congreso · Suplente nº 3 Guadalupe Rodríguez Silva Suplente ao Congreso pola Coruña
Guadalupe Rodríguez Silva

Candidatura ao Congreso · nº 3

Guadalupe Rodríguez Silva

Suplente ao Congreso pola Coruña

Guadalupe «Lupe» Rodríguez Silva é psicóloga de formación e leva décadas implicada na dinamización sociocultural de Santiago, sobre todo nos barrios. No Concello é técnica de programación e intervención sociocultural e responsable técnica da Rede de Centros Socioculturais, ademais de responsable da rede de bibliotecas públicas municipais.

No PSdeG é secretaria de Cultura e Lingua na executiva provincial da Coruña, membro do Comité Nacional e ocupa a Secretaría de Igualdade e Cultura na Executiva Municipal de Compostela. O 29N é suplente número 3 na candidatura do PSdeG-PSOE ao Congreso dos Deputados pola Coruña.

Actualidade

Últimas novas

Actualidade

O PSdeG denuncia que o Goberno de Sanmartín deixa ás asociacións veciñais apenas dous días para xustificar as subvencións

Gumersindo Guinarte critica que as axudas non se aprobasen ata este luns, día 9, cando o prazo de xustificación remata o mércores 11, coincidindo ademais coa folga xeral. Os socialistas denuncian tamén a redución de 8.000 euros no orzamento da convocatoria e cuestionan que a concesión das axudas se comunicase por correo electrónico en lugar […]

Actualidade

Pedro Blanco sitúa a mobilidade e os equipamentos públicos entre as prioridades para Santa Marta

Abordou coa veciñanza a situación da mobilidade na contorna do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), especialmente ante a súa ampliación, e reclama a Xunta e Concello coordinación e transparencia sobre o proxecto para prever solucións nos accesos e o estacionamento. O candidato socialista á Alcaldía agradeceu á asociación veciñal o traballo que desenvolve e […]

Actualidade

O PSdeG alerta de que a mala xestión do Goberno de Sanmartín pon en risco 8,7 millóns de euros de fondos europeos para Santiago

Marta Abal advirte de que o Concello podería perder parte da axuda concedida se non cumpre os requisitos de execución establecidos para marzo de 2027, cando deberá ter xustificados polo menos 1,74 millóns de euros de axuda europea. A concelleira socialista denuncia que García Lorca é a única actuación en execución do Plan Horizonte Compostela, […]

Ver todas as novas

Súmate ao proxecto

Afíliate ao PSdeG e traballa connosco por un Santiago máis xusto, con vivenda accesible e servizos públicos de calidade.