Gumersindo Guinarte Cabada
Candidato 1 ao Senado pola Coruña
Gumersindo (Sindo) Guinarte Cabada é doutor en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, con premio extraordinario de doutoramento pola súa tese sobre a tutela penal dos dereitos de propiedade industrial (1988), e profesor titular de Dereito Penal na USC. Foi secretario xeral da USC e decano da Facultade de Dereito, e forma parte do grupo de investigación en Dereito penal e Criminoloxía (IUSCRIM).
Foi vicevaledor do Pobo e secretario xeral da Presidencia da Xunta de Galicia entre 2005 e 2009.
É concelleiro en Santiago de Compostela desde 2019; de 2019 a 2023 foi tenente de alcalde e concelleiro de Turismo e, desde xaneiro de 2025, é portavoz do Grupo Municipal Socialista no Concello. O 29N encabeza como número 1 a candidatura do Senado de Progreso pola provincia da Coruña.