Saltar ao contido
Destacados

Aitor Bouza na sinatura do acordo das contas municipais: «son uns orzamentos sociais e progresistas»

  • O secretario xeral dos socialistas reivindica o acordo como unha mostra de “política útil”: “a oposición ten que servir para o que serve a política: construír, debater, chegar a puntos de encontro e facilitar a vida das persoas”
  • Inclúese o incremento da aportación ao Servizo de Axuda no Fogar, as reurbanización das rúas García Lorca, Ponte da Raíña e Mallou e actuacións nos polideportivos de Vite e Santa Isabel, así como no campos do Fátima e Villestro.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2023. “Hoxe é un bo día para Compostela porque por fin temos un instrumento para facer realidade as demandas sociais” expuxo o secretario xeral dos socialistas na firma do acordo para a aprobación do orzamento municipal para o 2024. Unhas contas que superan os 141 millóns de euros e que inclúen o incremento da aportación ao Servizo de Axuda no Fogar, actuacións de mantemento dos barrios e parroquias e en diferentes equipamentos deportivos: “son uns orzamentos sociais e progresistas, que foi tamén o mandato que saíu das urnas”.

Aitor Bouza destacou o bo talante negociador das tres forzas políticas nas diferentes conversas que precederon a firma do acordo, así como o compoñente social das contas para o 2024 que defenden “os servizos públicos e de calidade dentro da nosa cidade”. Apelando á responsabilidade para “impedir o bloqueo de proxectos que foron iniciados no propio goberno socialista”.

“A oposición ten que servir para o que serve a política: construír, debater, chegar a puntos de encontro e facilitar a vida das persoas” expresou o líder dos socialistas que afeoulle ademais ao Partido Popular de Borja Verea o seu modelo de oposición “baseado en defender os intereses do propio Verea, do Partido Popular e, ás veces, do señor Feijóo, pero da cidade nada de nada”.

Mantemento de equipamentos municipais e transformación urbana

No acordo asinado este venres polo PSOE co goberno local, inclúense as partidas para darlle continuidade aos proxectos iniciados no goberno socialista como o Anel Verde, a reurbanización de García Lorca en Pontepedriña ou as remodelacións dos polideportivos de Vite e Santa Isabel.

Ademais inclúense as reurbanizacións da rúa Carlos Maside (Vite) e de Santiago de Chile, en pleno Ensanche. Tamén en materia deportiva engádense actuacións no campo de fútbol de Villestro e no Fátima, así como a continuidade do Plan Director de rehabilitación do estadio de San Lázaro.

“Nós apoiamos estes orzamentos para ser un partido útil para a nosa cidade, logo de conseguir plasmar nas contas as demandas que nos trasladaron desde o tecido social, as entidades e os clubs da nosa cidade” explicou o secretario xeral do PSdeG en Santiago.

Actualidade

Máis novas

Actualidade

O PSdeG reivindica nas rúas de Santiago o dereito á vivenda e os salarios dignos fronte ás políticas do PP e Vox

Aitor Bouza defendeu a mobilización da clase traballadora contra a especulación e carga contra o Partido Popular polos seus ataques aos sindicatos e por situarse do lado dos especuladores. O candidato socialista ao Senado, Gumersindo Guinarte, denunciou que PP e Vox bloquearon reiteradamente no Congreso medidas impulsadas polo Goberno de Pedro Sánchez para garantir o […]

Actualidade

O PSdeG denuncia que o Goberno de Sanmartín deixa ás asociacións veciñais apenas dous días para xustificar as subvencións

Gumersindo Guinarte critica que as axudas non se aprobasen ata este luns, día 9, cando o prazo de xustificación remata o mércores 11, coincidindo ademais coa folga xeral. Os socialistas denuncian tamén a redución de 8.000 euros no orzamento da convocatoria e cuestionan que a concesión das axudas se comunicase por correo electrónico en lugar […]

Actualidade

Pedro Blanco sitúa a mobilidade e os equipamentos públicos entre as prioridades para Santa Marta

Abordou coa veciñanza a situación da mobilidade na contorna do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), especialmente ante a súa ampliación, e reclama a Xunta e Concello coordinación e transparencia sobre o proxecto para prever solucións nos accesos e o estacionamento. O candidato socialista á Alcaldía agradeceu á asociación veciñal o traballo que desenvolve e […]