Saltar ao contido
Destacados

Aitor Bouza reúnese coa secretaria de vivenda do PSOE, Isabel Rodríguez, para abordar a política de vivenda das e dos socialistas na cidade

  • Rodríguez puxo en valor o esforzo feito polo PSdeG de Santiago de Compostela procurando tentar que se alcanzase un pacto integral pola vivenda na cidade.
  • Bouza comprometeuse a seguir loitando polos intereses reais da veciñanza compostelá en materia de vivenda e seguir esixindo ao goberno municipal que realice os trámites para a declaración de zona tensionada.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2024. Este luns celebrouse en Madrid na sede federal do PSOE un encontro entre a secretaria de vivenda do PSOE, Isabel Rodríguez, e o secretario xeral do PSdeG de Santiago, Aitor Bouza, no marco das xuntanzas iniciadas entre ambos no mes de febreiro en Santiago de Compostela para abordar a políticas socialistas en materia de vivenda para a cidade de Santiago.

Na xuntanza abordouse todo do traballo realizado pola Agrupación Municipal Socialista en Santiago de Compostela en materia de vivenda dende a xuntanza celebrada no mes de febreiro na capital galega.

O secretario xeral do PSdeG-PSOE de Santiago comprometeuse a seguir loitando polos intereses reais da veciñanza compostelá en materia de vivenda e seguir esixindo ao goberno municipal que realice de inmediato todos trámites precisos para a declaración de zona tensionada, xa que levamos 6 meses sen ningún avance, para poder reclamar, acto seguido, que a Xunta de Galicia adopte esa decisión.

Rodríguez puxo en valor o esforzo feito polo PSdeG de Santiago de Compostela procurando por parte das e dos socialistas tentar que se alcanzase un pacto integral pola vivenda na cidade de Santiago de Compostela que incluíra a medida socialista da declaración de zona tensionada para topar os prezos dos alugueres que tanto lle preocupa a cidadanía e tamén as vivendas baleiras.

A secretaria de vivenda do PSOE quixo lembrar o grande avance que supuxo no ano 2023 a limitación do pisos turísticos na cidade de Santiago de Compostela baixo o goberno municipal liderado polo Partido Socialista e animou a seguir avanzando en medidas e políticas que realmente permitan ter unha política de vivenda pensada para os intereses da cidadanía, como as que se propuxeron por parte das e dos socialistas composteláns durante estas últimas semanas e meses.

Saúdos,

Socialistas de Santiago de Compostela

Actualidade

Máis novas

Actualidade

O PSdeG reivindica nas rúas de Santiago o dereito á vivenda e os salarios dignos fronte ás políticas do PP e Vox

Aitor Bouza defendeu a mobilización da clase traballadora contra a especulación e carga contra o Partido Popular polos seus ataques aos sindicatos e por situarse do lado dos especuladores. O candidato socialista ao Senado, Gumersindo Guinarte, denunciou que PP e Vox bloquearon reiteradamente no Congreso medidas impulsadas polo Goberno de Pedro Sánchez para garantir o […]

Actualidade

O PSdeG denuncia que o Goberno de Sanmartín deixa ás asociacións veciñais apenas dous días para xustificar as subvencións

Gumersindo Guinarte critica que as axudas non se aprobasen ata este luns, día 9, cando o prazo de xustificación remata o mércores 11, coincidindo ademais coa folga xeral. Os socialistas denuncian tamén a redución de 8.000 euros no orzamento da convocatoria e cuestionan que a concesión das axudas se comunicase por correo electrónico en lugar […]

Actualidade

Pedro Blanco sitúa a mobilidade e os equipamentos públicos entre as prioridades para Santa Marta

Abordou coa veciñanza a situación da mobilidade na contorna do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), especialmente ante a súa ampliación, e reclama a Xunta e Concello coordinación e transparencia sobre o proxecto para prever solucións nos accesos e o estacionamento. O candidato socialista á Alcaldía agradeceu á asociación veciñal o traballo que desenvolve e […]