Saltar ao contido
Actualidade

O PSdeG reivindica nas rúas de Santiago o dereito á vivenda e os salarios dignos fronte ás políticas do PP e Vox

Aitor Bouza defendeu a mobilización da clase traballadora contra a especulación e carga contra o Partido Popular polos seus ataques aos sindicatos e por situarse do lado dos especuladores.

O candidato socialista ao Senado, Gumersindo Guinarte, denunciou que PP e Vox bloquearon reiteradamente no Congreso medidas impulsadas polo Goberno de Pedro Sánchez para garantir o acceso á vivenda e frear os desafiuzamentos.

As e os socialistas participaron na mobilización convocada por UGT e CCOO en Santiago e reivindicaron a defensa dos dereitos laborais, os salarios dignos e unha negociación xusta dos convenios colectivos.

O PSdeG de Santiago participou este mércores nas mobilizacións convocadas por UGT e CCOO para reivindicar o dereito á vivenda, uns salarios dignos e a defensa da clase traballadora. Ao inicio da manifestación, o secretario xeral dos socialistas composteláns, Aitor Bouza, e o candidato socialista ao Senado, Gumersindo Guinarte, denunciaron o bloqueo do PP e Vox ás políticas sociais impulsadas polo Goberno de Pedro Sánchez e defenderon a necesidade de seguir avanzando en dereitos fronte á especulación e aos intereses da dereita.

Aitor Bouza destacou que os socialistas están “unha vez máis, defendendo a clase traballadora” e cargou contra os ataques do Partido Popular aos sindicatos, especialmente tras as declaracións de Isabel Díaz Ayuso, que os cualificou de “basura”. Neste sentido, respondeu que “a única basura que podemos ver en España son as políticas que quere levar a cabo o Partido Popular en contra da clase traballadora”, acusando aos populares de defender os intereses dos especuladores fronte aos dereitos da maioría social.

O secretario xeral dos socialistas composteláns reivindicou “a loita contra a especulación, a defensa da clase traballadora e dos seus dereitos, como o dereito á vivenda”, e insistiu na necesidade de impulsar políticas que permitan vivir con dignidade. Bouza criticou que o PP non comprenda as demandas da cidadanía, asegurando que “non entenden España, non entenden Galicia, non entenden a cidadanía e os dereitos da cidadanía”, fronte ao modelo social que defende o Goberno de Pedro Sánchez.

Pola súa banda, Gumersindo Guinarte advertiu de que o acceso á vivenda continúa sendo un dos principais problemas da cidadanía, xa que a situación actual “non permite que moitos mozos e mozas poidan emanciparse, ter unha vida independente” e obriga a numerosas familias a destinar “unha porcentaxe inasumible a pagar a súa vivenda”. O candidato socialista ao Senado lembrou que o Goberno de Pedro Sánchez impulsou reiteradamente medidas para frear os desafiuzamentos e favorecer o acceso á vivenda que “foron rexeitadas polo PP e por Vox”.

Guinarte reivindicou tamén “salarios dignos que permitan aos traballadores e traballadoras chegar ao final do mes” e unha negociación xusta dos convenios colectivos para evitar a perda de poder adquisitivo. Neste sentido, defendeu que a protección dos dereitos laborais e sociais “é o sinal de identidade do Partido Socialista” e, ante as eleccións do 29 de novembro, advertiu de que “non todos somos iguais” porque “non é o mesmo votar a uns partidos que votar a outros o día 29 de novembro”. Saúdos,

Actualidade

Máis novas

Actualidade

O PSdeG denuncia que o Goberno de Sanmartín deixa ás asociacións veciñais apenas dous días para xustificar as subvencións

Gumersindo Guinarte critica que as axudas non se aprobasen ata este luns, día 9, cando o prazo de xustificación remata o mércores 11, coincidindo ademais coa folga xeral. Os socialistas denuncian tamén a redución de 8.000 euros no orzamento da convocatoria e cuestionan que a concesión das axudas se comunicase por correo electrónico en lugar […]

Actualidade

Pedro Blanco sitúa a mobilidade e os equipamentos públicos entre as prioridades para Santa Marta

Abordou coa veciñanza a situación da mobilidade na contorna do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), especialmente ante a súa ampliación, e reclama a Xunta e Concello coordinación e transparencia sobre o proxecto para prever solucións nos accesos e o estacionamento. O candidato socialista á Alcaldía agradeceu á asociación veciñal o traballo que desenvolve e […]

Actualidade

O PSdeG alerta de que a mala xestión do Goberno de Sanmartín pon en risco 8,7 millóns de euros de fondos europeos para Santiago

Marta Abal advirte de que o Concello podería perder parte da axuda concedida se non cumpre os requisitos de execución establecidos para marzo de 2027, cando deberá ter xustificados polo menos 1,74 millóns de euros de axuda europea. A concelleira socialista denuncia que García Lorca é a única actuación en execución do Plan Horizonte Compostela, […]