Saltar ao contido
Actualidade

Pedro Blanco sitúa a mobilidade e os equipamentos públicos entre as prioridades para Santa Marta

Abordou coa veciñanza a situación da mobilidade na contorna do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), especialmente ante a súa ampliación, e reclama a Xunta e Concello coordinación e transparencia sobre o proxecto para prever solucións nos accesos e o estacionamento.

O candidato socialista á Alcaldía agradeceu á asociación veciñal o traballo que desenvolve e a súa implicación na mellora do barrio, e recolleu as súas principais demandas: equipamentos deportivos para a zona sur, unha escola infantil pública e máis parques e espazos de xogo para Santa Marta.

O candidato socialista á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, mantivo unha reunión coa Asociación Veciñal de Santa Marta para escoitar as principais demandas e propostas da veciñanza do barrio, nun encontro no que a mobilidade e a dotación de equipamentos públicos centraron boa parte desta #ConversasDeBarrio. Estivo acompañado polo voceiro municipal socialista, Gumersindo Guinarte, e a deputada autonómica, Patricia Iglesias.

Un dos asuntos prioritarios foi a situación da mobilidade na contorna do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), especialmente ante a súa ampliación. A asociación trasladou a súa preocupación pola falta de solucións para o estacionamento, os problemas de tráfico e as dificultades de circulación dos autobuses urbanos e das ambulancias. Neste sentido, Pedro Blanco comparte cos veciños a necesidade dunha mellor ordenación dos accesos ao hospital e á súa contorna, así como actuacións que melloren a mobilidade do barrio.

“A veciñanza ten dereito a coñecer de primeira man un proxecto que vai afectar directamente ao seu día a día. Tanto a Xunta como o Concello deben manter unha comunicación fluída coa asociación veciñal, informar dos avances e escoitar as súas inquedanzas”, incidiu o socialista.

No ámbito dos equipamentos públicos, a veciñanza puxo sobre a mesa a necesidade de equipamentos deportivos para a zona sur de Santiago. Unha demanda que, segundo trasladaron, vai máis alá de Santa Marta e que debería abordarse cunha planificación que contemple diferentes modalidades deportivas, con espazos cubertos para a práctica dos deportistas. Así mesmo, a creación dunha escola infantil pública é outra das peticións destacadas, xa que a oferta actual “resulta insuficiente para atender as necesidades das familias de Santa Marta”. Tamén analizaron a carencia de parques infantís, adaptados ás distintas idades, melloras no seu mantemento e algún espazo de xogo cuberto.

Por outra banda, a reunión permitiu abordar outras cuestións relacionadas coa calidade de vida no barrio, como a iluminación das rúas, a mellora das marquesiñas e da información do transporte urbano, a sinalización do Camiño de Santiago ao seu paso por Santa Marta e o mantemento das beirarrúas e zonas verdes.

Pedro Blanco agradeceu á asociación o traballo que desenvolve e a súa implicación na mellora de Santa Marta. O encontro enmárcase na rolda de conversas coas asociacións e colectivos de Santiago para coñecer sobre o terreo as necesidades de cada barrio e incorporar a voz da veciñanza á definición das propostas de futuro para a cidade

Actualidade

Máis novas

Actualidade

O PSdeG reivindica nas rúas de Santiago o dereito á vivenda e os salarios dignos fronte ás políticas do PP e Vox

Aitor Bouza defendeu a mobilización da clase traballadora contra a especulación e carga contra o Partido Popular polos seus ataques aos sindicatos e por situarse do lado dos especuladores. O candidato socialista ao Senado, Gumersindo Guinarte, denunciou que PP e Vox bloquearon reiteradamente no Congreso medidas impulsadas polo Goberno de Pedro Sánchez para garantir o […]

Actualidade

O PSdeG denuncia que o Goberno de Sanmartín deixa ás asociacións veciñais apenas dous días para xustificar as subvencións

Gumersindo Guinarte critica que as axudas non se aprobasen ata este luns, día 9, cando o prazo de xustificación remata o mércores 11, coincidindo ademais coa folga xeral. Os socialistas denuncian tamén a redución de 8.000 euros no orzamento da convocatoria e cuestionan que a concesión das axudas se comunicase por correo electrónico en lugar […]

Actualidade

O PSdeG alerta de que a mala xestión do Goberno de Sanmartín pon en risco 8,7 millóns de euros de fondos europeos para Santiago

Marta Abal advirte de que o Concello podería perder parte da axuda concedida se non cumpre os requisitos de execución establecidos para marzo de 2027, cando deberá ter xustificados polo menos 1,74 millóns de euros de axuda europea. A concelleira socialista denuncia que García Lorca é a única actuación en execución do Plan Horizonte Compostela, […]