Saltar ao contido
Actualidade

O PSdeG esixe á Xunta e ao Concello que asuman as súas responsabilidades ante os PIA de Mallou e Lavacolla

O Partido Socialista de Santiago participou na manifestación en defensa dos dereitos das persoas afectadas polos Proxectos de Interese Autonómico (PIA) e advertiu de que “Santiago necesita vivenda e solo industrial, pero non de calquera maneira nin á custa dos dereitos da veciñanza”.

As e os socialistas reclaman á Xunta unha avaliación rigorosa dos impactos ambientais, patrimoniais e paisaxísticos, ao tempo que esixen ao Goberno de Sanmartín que exerza as súas competencias urbanísticas e lidere a planificación do desenvolvemento residencial e industrial de Compostela.

O Partido Socialista de Santiago participou hoxe na manifestación en defensa dos dereitos das persoas afectadas polos Proxectos de Interese Autonómico (PIA) en Galicia, unha mobilización na que a concelleira Marta Abal trasladou o apoio das e dos socialistas ás reivindicacións da veciñanza de Mallou e Lavacolla e reclamou responsabilidades tanto á Xunta de Galicia como ao Concello de Santiago.

Abal defendeu a necesidade de compatibilizar o desenvolvemento económico e residencial coa protección dos dereitos da cidadanía, insistindo en que “Santiago necesita vivenda e solo industrial, pero non de calquera maneira nin á custa dos dereitos da veciñanza”. Neste sentido, advertiu de que os proxectos deben responder ás necesidades reais do territorio e contar cunha planificación que respecte as persoas afectadas.

A concelleira socialista puxo o foco na responsabilidade do Goberno galego e advertiu de que “a Xunta non pode actuar de costas ás persoas afectadas, obviando os impactos ambientais, patrimoniais e paisaxísticos”. Por iso, reclamou que estes impactos se avalíen con rigor e que os novos desenvolvementos se leven a cabo nos lugares axeitados, garantindo en todo momento os dereitos das veciñas e veciños.

Porén, Abal advertiu de que a responsabilidade non corresponde exclusivamente á administración autonómica, xa que “o Concello de Santiago tampouco pode poñerse de perfil”. Neste sentido, lembrou que o Goberno municipal dispón de “competencias e instrumentos urbanísticos para planificar e liderar o desenvolvemento residencial e industrial de Compostela”, polo que reclamou unha implicación activa do executivo de Goretti Sanmartín nas decisións que afectan ao futuro da cidade.

Desde o Partido Socialista insistiron na necesidade dunha planificación territorial que permita atender a demanda de vivenda e solo empresarial sen comprometer os dereitos da veciñanza, lembrando que “tanto a Xunta de Galicia como o Concello de Santiago teñen responsabilidades que deben asumir”. Neste sentido, Abal reivindicou que os novos desenvolvementos se realicen nos lugares axeitados, respectando o territorio e as persoas afectadas, e advertiu de que o Concello debe exercer un papel activo na definición do futuro residencial e industrial de Compostela.

Neste sentido, a concelleira socialista concluíu lembrando que “poñerse á fronte desa planificación non é unha opción, é unha obriga”, reivindicando o papel que debe asumir o Concello na definición do futuro residencial e industrial de Compostela.

Actualidade

Máis novas

Actualidade

O PSdeG reivindica nas rúas de Santiago o dereito á vivenda e os salarios dignos fronte ás políticas do PP e Vox

Aitor Bouza defendeu a mobilización da clase traballadora contra a especulación e carga contra o Partido Popular polos seus ataques aos sindicatos e por situarse do lado dos especuladores. O candidato socialista ao Senado, Gumersindo Guinarte, denunciou que PP e Vox bloquearon reiteradamente no Congreso medidas impulsadas polo Goberno de Pedro Sánchez para garantir o […]

Actualidade

O PSdeG denuncia que o Goberno de Sanmartín deixa ás asociacións veciñais apenas dous días para xustificar as subvencións

Gumersindo Guinarte critica que as axudas non se aprobasen ata este luns, día 9, cando o prazo de xustificación remata o mércores 11, coincidindo ademais coa folga xeral. Os socialistas denuncian tamén a redución de 8.000 euros no orzamento da convocatoria e cuestionan que a concesión das axudas se comunicase por correo electrónico en lugar […]

Actualidade

Pedro Blanco sitúa a mobilidade e os equipamentos públicos entre as prioridades para Santa Marta

Abordou coa veciñanza a situación da mobilidade na contorna do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), especialmente ante a súa ampliación, e reclama a Xunta e Concello coordinación e transparencia sobre o proxecto para prever solucións nos accesos e o estacionamento. O candidato socialista á Alcaldía agradeceu á asociación veciñal o traballo que desenvolve e […]