Saltar ao contido
Actualidade

O PSdeG denuncia que a xestión municipal empeora malia aumentar os cargos directivos

Marta Abal advirte de que o período medio de pago a provedores alcanzou en decembro os 60,36 días, o peor dato dos últimos sete anos.

A concelleira socialista denuncia que a débeda pendente aumentou en máis de 3 millóns de euros respecto ao ano anterior.

A concelleira do Grupo Municipal Socialista Marta Abal advertiu do empeoramento da xestión municipal en Santiago malia que o Goberno local conta coa estrutura directiva máis ampla da historia do Concello.

Abal sinalou que os datos evidencian que esta maior estrutura “non se está a traducir nunha mellora da xestión” e advertiu de que, pola contra, “a situación empeora e os indicadores son cada vez peores”.

A concelleira socialista lembrou que durante este mandato “non houbo ningunha circunstancia extraordinaria que poida xustificar este retroceso” na xestión municipal e subliñou que “non se acometeu ningunha transformación de fondo como a que impulsamos na pasada lexislatura coa implantación da administración electrónica, nin tampouco se viviu ningunha situación excepcional como a da covid”.

Segundo indicou, un dos datos máis reveladores desta situación é o período medio de pago a provedores do mes de decembro de 2025, que se situou en 60,36 días, o peor rexistro de toda a serie histórica dos últimos sete anos. Para Abal, trátase dun dato “especialmente grave”, porque evidencia que “malia contar con máis estrutura e máis cargos directivos, o Concello é hoxe menos áxil e menos eficaz no cumprimento das súas obrigas de pago”.

A concelleira socialista lembrou que este indicador era de 43 días en 2024, 36 en 2023, 39 en 2022, 22 en 2021, 16 en 2020 e 20 en 2019, polo que insistiu en que os datos confirman o empeoramento da xestión municipal.

Abal advertiu ademais de que o resultado desta situación é tamén un aumento da débeda pendente, que a 31 de decembro de 2025 incrementouse en máis de tres millóns de euros respecto ao ano anterior. “A día de hoxe o balance é incontestable: o traballo de mellora da xestión brilla pola súa ausencia”, concluíu.

Actualidade

Máis novas

Actualidade

O PSdeG reivindica nas rúas de Santiago o dereito á vivenda e os salarios dignos fronte ás políticas do PP e Vox

Aitor Bouza defendeu a mobilización da clase traballadora contra a especulación e carga contra o Partido Popular polos seus ataques aos sindicatos e por situarse do lado dos especuladores. O candidato socialista ao Senado, Gumersindo Guinarte, denunciou que PP e Vox bloquearon reiteradamente no Congreso medidas impulsadas polo Goberno de Pedro Sánchez para garantir o […]

Actualidade

O PSdeG denuncia que o Goberno de Sanmartín deixa ás asociacións veciñais apenas dous días para xustificar as subvencións

Gumersindo Guinarte critica que as axudas non se aprobasen ata este luns, día 9, cando o prazo de xustificación remata o mércores 11, coincidindo ademais coa folga xeral. Os socialistas denuncian tamén a redución de 8.000 euros no orzamento da convocatoria e cuestionan que a concesión das axudas se comunicase por correo electrónico en lugar […]

Actualidade

Pedro Blanco sitúa a mobilidade e os equipamentos públicos entre as prioridades para Santa Marta

Abordou coa veciñanza a situación da mobilidade na contorna do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), especialmente ante a súa ampliación, e reclama a Xunta e Concello coordinación e transparencia sobre o proxecto para prever solucións nos accesos e o estacionamento. O candidato socialista á Alcaldía agradeceu á asociación veciñal o traballo que desenvolve e […]