O PSdeG-Santiago valora que “As enquisas de hoxe confirman que o PSdeG está no bo camiño para recuperar a confianza da veciñanza”
Bouza criticou a xestión da actual alcaldesa, asegurando que “Santiago está sumida nunha parálise evidente. As veciñas e veciños merecen algo máis ca un goberno que vive de vender fume. Precisa un executivo que atenda as necesidades reais da cidade e non perda o tempo en propaganda”.